1. Obtención de alimento e dixestión dos cnidarios e poríferos:
Os cnidarios teñen unha alimentació heterótrofa porque obteñen o alimento cando unha presa mantén contacto cos seus tentáculos, que cando as células venenosas chamadas cnidoblastos que reaccionan e paralizan a presa.
A dixestión dos cnidarios comeza na cavidade gastrovascular onde as células das paredes secretoras verten enzimas que degradan o alimento.
A dixestión continúa no interior das células dixestivas situadas na gastrodermis
desde onde os nutrientes pasan por difusión a outras células.
A esponxa ten unhas células chamadas coanocitos, cun flaxelo
que bate continuamente. O batido do flaxelo crea unha corrente que fai que a agua entre no atrio a través dos poros e saia polo ósculo. A esponxa aliméntase por filtración: os coanocitos
reteñen todos os nutrientes que leva a agua que circula
pola esponxa.
A dixestión dun porífero comeza na cavidade gastrovascular onde unhas células especializadas fan a dixestión no seu citoplasma.
A dixestión dun porífero comeza na cavidade gastrovascular onde unhas células especializadas fan a dixestión no seu citoplasma.

No hay comentarios:
Publicar un comentario